27.8.21
No xornal
No xornal de hoxe vén recollida parte da conversa que mantiven onte coa xornalista C. Cartelle. O seu interese polo proxecto de El Arte a la calle- Ares e coñecer ás persoas que o integran foi o motivo da entrevista. Nela está recollido o fundamental da charla que mantivemos, pero hai algúns erros que quero aclarar.
No Certame Manuel Rebón fun Premio Mellor pintor local os anos 2012, 2014 e 2016 (VI, VIII, X edicións). Accésit na III edición e finalista na V.
Sí empecei a pintar tarde, no curso 97-98, ao comezar as clases de pintura na AI de Caamouco, pero foi nos primeiros anos cando participei en máis exposicións (colectivas todas agás dúas) e concursos.
Nos últimos anos, por complicacións familiares, os meus traballos os mostro fundamentalmente nas redes sociais( Facebook, blog, Pinterest,Instagram).
Nas circunstancias actuais, espero poder ir retomando as exposicións físicas.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario