28.9.11

V Edición do Manuel Rebón.


O vindeiro sábado clausúrase a exposición coa entrega de premios ás gañadoras: Sara Garrote, Sabela Roma e Beatriz Seijo.
O premio ao pintor local foi para Alberto Vázquez.
Quedei entre os finalistas con esta obra do ano pasado (está a vida algo complicada e levo meses sen pintar).

18.6.11

Agora Gallery NYC.

Recibín onte un correo desta galería de arte de New York, ofrecéndome os seus servicios de promoción.
Eu debería mandarlles un portafolio para a súa avaliación, e de ser aceptado, por promoción e representación anual (exposición colectiva, listados de revistas de arte, anuncios promocionais, etc) debería pagar 2950$ (mínimo) máis unha comisión do 30% da venta durante o primeiro ano, a partir do segundo esto parece ser que sería menos.
De verdade funciona este mundillo así ???
Seguirei coma ata o de agora, pintando para min!!

18.5.11

Como me gustou, póñoo aquí!

Fíxome moita ilusión ver o retrato de Lois Pereiro, que fixen pensando na  miña escola , nun blog da escola de Artes e Oficios de Vigo.
É un detalle sen importancia, pero gustoume. Grazas!!

10.5.11

Caricatura de Lois Pereiro.

A caricatura  non é o meu, pero sempre fago un  intento cos autores do Día das Letras Galegas, para a escola.
Esta fíxena moi rápido con permanentes grosos.

8.5.11

Lois Pereiro.

Retratos do poeta realizados con pasteis e con grafitos sobre papel.

Medidas: 28x35.
Ano: 2011.
Sinatura: JV. Vales.

2.4.11

Sorrí, por favor (Smile, please).


Acrílicos sobre táboa.( Forma parella coa pintura titulada Dozura.)

Medidas:50x50

Ano: 2011.

Sinatura: JV Vales.

8.3.11

Zapatos negros.










Acrílicos sobre lenzo.
Medidas: 30x 30.
Ano: 2011.
Sinatura: Pérez Vales.

18.2.11

Vela vermella.














Navegando preto de Almieiras (ría de Ares).
Acrílico sobre tela.
Medida: 8F-46x38
Ano:2011.
Sinatura: JV. Vales.

5.2.11

Tacóns.
















Estes tacóns son o segundo traballo cos acrílicos sobre lenzo.
Con esta obra e a titulada Medias de listas participei no mes de febreiro no blog Una idea mucho arte.

Medidas: 30x30
Ano:2011.
Sinatura:Aldara Pérez Vales.

18.1.11

Earl Christy.








Outro ilustrador do século pasado que me gusta ; os seus retratos a pastel son fermosos.

9.1.11

Colectiva en Estrela do Ponto.

Patricia e Antonio (donos do local e grandes afeccionados) decidiron facer esta exposición colectiva , agora en xaneiro , como resumo de todo un ano, propiciando a xuntanza de todos os autores que expuxemos no pasado ano:

J. M. Blanco y Couto
César Fuentes
Eduardo Hermida
Pablo López
Regino Molina
Víctor Novás
Photos Narón
M. Luisa Rojo
José M. Sánchez
J.V. Vales

A inauguración foi o pasado día catro e permanecerá ata o día 27.
Foi unha velada moi agradable.
Expresar o noso agradecemento a esta xove parella!

4.1.11

Dozura.


A dozura reflexada neste xove rostro. Retrato realista con pintura acrílica.
Medidas:50x50
Ano:2011.
Sinatura: JV. Vales.

31.12.10

FELIZ 2011 !!


Os mellores desexos para este novo ano!!

Rosa.










Acrílicos sobre lienzo.
Ano: 2010.
Medidas: 30x30
Sinatura: Aldara Pérez Vales (estudio cos acrílicos).







10.12.10

Exposición no Club de Tenis de Redes.




Este é o cartel que preparou Aldara para a exposición.


Feminino porque somos mulleres, as obras xiran arredor do universo feminino e Plural porque somos dúas, son varias as técnicas empregadas, varias as etapas nas que foron pintadas, etc.


















O noso máis expresivo agradecemento á entidade pola súa xenerosidade e facilidades para montar a exposición.

18.11.10

Pementos


Boceto con acrílicos e ceras Manley sobre papel.
Medidas:
Ano: 2010.
Sinatura: JV. Vales.

23.10.10

ELAS- Exposición na Estrela do Ponto- Narón.




























Dende hoxe 23 ata o 30 de novembro terei colgada a exposición Elas .






















Antonio e Patricia, dous apaixonados das artes, que poñen o seu local á nosa disposición. Moitísimas grazas!!

29.9.10

Costas.


Estudio de mans feito cos pasteis sobre papel.
Medidas:
Ano: 2010.
Sinatura: APV (Aldara Pérez Vales).

17.9.10

Vales.


Retrato de Pepe Vales mozo, o meu pai,feito cos acrílicos sobre táboa .

Medidas:10F (55x46)
Ano: 2010.
Sinatura: JV. Vales.


Xa non está e a miña nai é coma se non estivese; creo que os retratos lles gustarían. O meu pai non chegou a ver ningún dos meus cadros, pero gustáballe a pintura e debuxaba moi ben.

Mentras o pintaba, o meu home bromeaba dicindo "segues co Paul Newman"; tiña un aire de galán de cine.