Mostrando entradas con la etiqueta Arte á rúa. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Arte á rúa. Mostrar todas las entradas

18.10.23

No outono

"A doce melancónica beleza do outono... Semellaban lanzas os choplos na ribeira. Había algúas álbores coma de cobre." Ánxel Fole, Terra brava. Rotring e bolígrafo sobre páxinas dun vello libro.

11.1.23

Aperta na fraga

Dúas árbores que semellan darse unha aperta. Serie Cores de Inverno. Rotring sobre dobre páxina dun vello libro. Vales. 32X23. 80€

30.10.22

23.10.22

No seu fogar

Encántame ver como quedan as miñas obras, xa enmarcadas, nas paredes das súas casas , formando parte da súa decoración. Moi agradecida por esas fotos que me envían.
A acuarela da casa da rúa Cupido, xa está integrada nesa pequena xoia da arquitectura popular.

8.10.22

4.11.21

Premio Arte del retrato y la figura

Neste mes de outubro o tema do concurso era Detalles da figura. Houbo unha gran participación (179 obras) e un gran nivel. Polo tanto, non podo estar máis feliz de que o meu debuxo estea entre os elexidos.

27.8.21

No xornal

No xornal de hoxe vén recollida parte da conversa que mantiven onte coa xornalista C. Cartelle. O seu interese polo proxecto de El Arte a la calle- Ares e coñecer ás persoas que o integran foi o motivo da entrevista. Nela está recollido o fundamental da charla que mantivemos, pero hai algúns erros que quero aclarar. No Certame Manuel Rebón fun Premio Mellor pintor local os anos 2012, 2014 e 2016 (VI, VIII, X edicións). Accésit na III edición e finalista na V. Sí empecei a pintar tarde, no curso 97-98, ao comezar as clases de pintura na AI de Caamouco, pero foi nos primeiros anos cando participei en máis exposicións (colectivas todas agás dúas) e concursos. Nos últimos anos, por complicacións familiares, os meus traballos os mostro fundamentalmente nas redes sociais( Facebook, blog, Pinterest,Instagram). Nas circunstancias actuais, espero poder ir retomando as exposicións físicas.