4.11.21

Premio Arte del retrato y la figura

Neste mes de outubro o tema do concurso era Detalles da figura. Houbo unha gran participación (179 obras) e un gran nivel. Polo tanto, non podo estar máis feliz de que o meu debuxo estea entre os elexidos.

28.9.21

Tronco

As árbores son unha das miñas debilidades. Tema que repito unha e outra vez. Neste caso tronco realizado con Pilot sobre páxina dun libro vello. 23X16. Vales. 45€

29.8.21

Pega

Dende hai uns anos temos unhas pegas que viven nas dúas palmeiras que hai na horta.Xa son coma da casa. Bolígrafo azul e negro sobre papel dun libro vello. 23X16. Vales. 50€

27.8.21

No xornal

No xornal de hoxe vén recollida parte da conversa que mantiven onte coa xornalista C. Cartelle. O seu interese polo proxecto de El Arte a la calle- Ares e coñecer ás persoas que o integran foi o motivo da entrevista. Nela está recollido o fundamental da charla que mantivemos, pero hai algúns erros que quero aclarar. No Certame Manuel Rebón fun Premio Mellor pintor local os anos 2012, 2014 e 2016 (VI, VIII, X edicións). Accésit na III edición e finalista na V. Sí empecei a pintar tarde, no curso 97-98, ao comezar as clases de pintura na AI de Caamouco, pero foi nos primeiros anos cando participei en máis exposicións (colectivas todas agás dúas) e concursos. Nos últimos anos, por complicacións familiares, os meus traballos os mostro fundamentalmente nas redes sociais( Facebook, blog, Pinterest,Instagram). Nas circunstancias actuais, espero poder ir retomando as exposicións físicas.

26.8.21

El capitán Trueno

De cando en vez atopo algún dos meus debuxos ou pinturas en blogues, twitter, etc. Esta ilustración é do Inktober 2018. Gústame, sempre que o fagan citando a autoría. El capitán Trueno era o meu cómic favorito na nenez. Esas lecturas da infancia que crean esa afección pola lectura que terás toda a vida. Bos recordos!

Paxariño

Bolígrafo sobre páxina dun libro vello. Serie Animais. Un pequeno pinta negra. 23X16. Vales. 50€

20.7.21

Hortensias

Tempo de hortensias. As preimeiras que fago, aínda que son unhas das miñas flores preferidas. Necesitaba coller os acrílicos despois de tanto tempo de grafitos e carboncillo. Acrílicos sobre lenzo. 70X50. Vales. 450€