4.12.16

Nos medios.



O cadro "Dozura" esta vez en www. vintage everyday . O certo é que xa hai tempo que non subo nada a Artelista, dende que se converteu en sitio de pago.

24.11.16

Na publicidade de Artelista.

Mirando hai un rato no Face atopei un dos meus cadros na publicidade de Artelista.

 "Dozura", un acrílico que pintei hai xa uns anos.

 

2.10.16

Premio mellor Pintor Local.

Estas son as obras coas que gañei o premio mellor Pintor Local na VI, VIII e X edición do Manuel Rebón
( anos 2012, 2014 e 2016).
Propiedade do Concello de Ares

.






1.10.16

Clausura do X Manuel Rebón



Esta tarde , coa entrega de premios, clausurouse a exposición do X Manuel Rebón.
Toca despedirse da " Carapuchiña" que pasa a formar parte da colección do Concello de Ares.
Parabéns para o resto de premiados!

 

19.9.16

X Manuel Rebón



 Con esta obra, Na telleira, obtiven o premio Pintor local desta X edición do Manuel Rebón.
Non tiña moitas esperanzas, porque eran varias as obras merecedoras do premio, pero a Carapuchiña deume sorte.
O noso é un pequeno concello con moitos artistas!

 Na obra fixen unha homenaxe á infancia de moitos aresáns, na que a telleira era un lugar singular, que no maxín infantil, ben podía recibir a visita de Carapuchiña ou calquera outro personaxe da mitoloxía propia da nenez. Para enlazala coa actualidade, a Carapuchiña é unha nena con estética actual.

 O gañador desta edición foi Eduardo Baamonde, asiduo participante de certame, coa obra Faro Rolandelis, o primeiro accésit para Pío Costa Beiro, con Calle de Ferrol e o segundo accésit para outro asiduo do certame, Carballeira Rivas con Marea baixa.

A exposición estará no CIRS de Cervás ata o 1 de outubro, día da entrega de premios.

 Esta xa é a terceira vez que gaño o de Pintor Local, e xa fun 1º Accésit noutra edición, así que vou ter que plantexarme novos retos.

26.7.16

Peras en Silleda.

Descanso no Camiño.
 Nexo entre series: árbores e froitas.
 Acrílicos sobre lenzo.
 12F( 61X50).
 JV. Vales
600€

.

11.7.16

Serie froitas.

Peras e xirasoles.
Acrílicos sobre lenzo.
 55X38.
 JV. Vales
.
 




Un guiño a Van Gogh cos xirasoles, as cores e a iluminación.Cambiando as patacas por peras.