28.9.11

Finalista na V Edición do Manuel Rebón.

 

 

#warisdirie #pintura #arte #retrato  #acrílico
O vindeiro sábado clausúrase a exposición coa entrega de premios ás gañadoras: Sara Garrote, Sabela Roma e Beatriz Seijo.
O premio ao pintor local foi para Alberto Vázquez.
Quedei entre os finalistas con este retrato da activista Waris Dirie, obra do ano pasado (está a vida algo complicada e levo meses sen pintar).

 

18.6.11

Agora Gallery NYC.

Recibín onte un correo desta galería de arte de New York, ofrecéndome os seus servicios de promoción.
Eu debería mandarlles un portafolio para a súa avaliación, e de ser aceptado, por promoción e representación anual (exposición colectiva, listados de revistas de arte, anuncios promocionais, etc) debería pagar 2950$ (mínimo) máis unha comisión do 30% da venta durante o primeiro ano, a partir do segundo esto parece ser que sería menos.
De verdade funciona este mundillo así ???
Seguirei coma ata o de agora, pintando para min!!

18.5.11

Como me gustou, póñoo aquí!

Fíxome moita ilusión ver o retrato de Lois Pereiro, que fixen pensando na  miña escola , nun blog da escola de Artes e Oficios de Vigo.
É un detalle sen importancia, pero gustoume. Grazas!!

10.5.11

Caricatura de Lois Pereiro.

A caricatura  non é o meu, pero sempre fago un  intento cos autores do Día das Letras Galegas, para a escola.
Esta fíxena moi rápido con permanentes grosos.

8.5.11

2.4.11

Sorrí, por favor (Smile, please).


Acrílicos sobre táboa.( Forma parella coa pintura titulada Dozura.)

Medidas:50x50

Ano: 2011.

Sinatura: JV Vales.

18.2.11

Vela vermella.














Navegando preto de Almieiras (ría de Ares).
Acrílico sobre tela.
Medida: 8F-46x38
Ano:2011.
Sinatura: JV. Vales.

5.2.11

Tacóns.
















Estes tacóns son o segundo traballo cos acrílicos sobre lenzo.
Con esta obra e a titulada Medias de listas participei no mes de febreiro no blog Una idea mucho arte.

Medidas: 30x30
Ano:2011.
Sinatura:Aldara Pérez Vales.

18.1.11

9.1.11

Colectiva en Estrela do Ponto.

Patricia e Antonio (donos do local e grandes afeccionados) decidiron facer esta exposición colectiva , agora en xaneiro , como resumo de todo un ano, propiciando a xuntanza de todos os autores que expuxemos no pasado ano:

J. M. Blanco y Couto
César Fuentes
Eduardo Hermida
Pablo López
Regino Molina
Víctor Novás
Photos Narón
M. Luisa Rojo
José M. Sánchez
J.V. Vales
Eu levei este cadro, recén rematado.
A inauguración foi o pasado día catro e permanecerá ata o día 27.
Foi unha velada moi agradable.
Expresar o noso agradecemento a esta xove parella!

4.1.11

Que miras?


Retrato realista con pintura acrílica.
Medidas:50x50
Ano:2011.
Sinatura: JV. Vales.
 Con esta obra participei, por primeira vez, no Cidade de Narón 2015.