21.11.19

17.11.19

Desnudo con zapatillas



Muller espida con zapatillas de ballet. Bosquexo con barra de carboncillos sobre papel 130g. Serie Elas.
 O desnudo é algo que teño pendiente traballar máis a fondo. Levo feitos poucos.
 33x23.
Vales
 50€

5.11.19

Paisaxe con carboncillos



 A carón da ponte da Ciscada en Ares. As árbores xa están espidas a estas alturas do outono. Carboncillo sobre papel de 130g.
 33X23.
 Vales.
 40€

30.9.19

Dúas peras



Pasteis sobre cartolina.
 Estas dúas saíron moi Cezannianas.
 Serie froitas.
 25X25.
 Vales.
 40€

 

24.9.19

Montes amarelos

 

 Paisaxe con pasteis.
 36X28.
 Vales.
60€
 Creo que é a terceira paisaxe que fago con pasteis, e os outros intentos foron hai ben anos. E con esta técnica poucas cousas máis fixen: algún retrato e algún bodegón. Vou practicar algo máis con ela.

2.7.19

Nos medios.

Ás veces atopo os meus traballos nalgún blog. Neste caso, un retrato de Uxío Novoneyra nun blog en catalán, como ilustración
dun poema.


 

24.6.19

Figos ou brevas?

 

  Non teño moi crara a diferencia entre uns e outras.
 Acrílicos sobre lenzo.
 30X24.
 Vales.
 175€
 Case sempre recurro a fotografías que me chaman a atención para debuxos, ilustracións, pinturas,... Esta foi a que usei neste caso.

 

21.6.19

13.6.19

Brétema no río

Here comes the Sun
 Here comes the Sun, and I say
 It´s all right.
 Little darling, it´s been a long cold lonely winter...





Hai días que xogo coas cores. Apetecíanme os azuis.
Traballo rápido con cores fríos para esta mañá de néboa no río.
 Acrílicos sobre lenzo.
 50x40.
 Vales.
 200€

12.6.19

Nos medios

De cando en vez, atopo nos medios de comunicación sorpresas coma esta. Non me pediron permiso, pero polo menos indican a autoría.

 

11.6.19

Dous pementos

 

 
Cando son necesarias as cores cálidas fago cousas así.
Acrílicos sobre lenzo.
 50X40.
 Vales
 300€