10.12.10

Exposición no Club de Tenis de Redes.




Este é o cartel que preparou Aldara para a exposición.


Feminino porque somos mulleres, as obras xiran arredor do universo feminino e Plural porque somos dúas, son varias as técnicas empregadas, varias as etapas nas que foron pintadas, etc.


















O noso máis expresivo agradecemento á entidade pola súa xenerosidade e facilidades para montar a exposición.

18.11.10

23.10.10

ELAS- Exposición na Estrela do Ponto- Narón.




























Dende hoxe 23 ata o 30 de novembro terei colgada a exposición Elas .






















Antonio e Patricia, dous apaixonados das artes, que poñen o seu local á nosa disposición. Moitísimas grazas!!

29.9.10

Costas.


Estudio de mans feito cos pasteis sobre papel.
Medidas:
Ano: 2010.
Sinatura: APV (Aldara Pérez Vales).

17.9.10

Vales.


Retrato de Pepe Vales mozo, o meu pai,feito cos acrílicos sobre táboa .

Medidas:10F (55x46)
Ano: 2010.
Sinatura: JV. Vales.


Xa non está e a miña nai é coma se non estivese; creo que os retratos lles gustarían. O meu pai non chegou a ver ningún dos meus cadros, pero gustáballe a pintura e debuxaba moi ben.

Mentras o pintaba, o meu home bromeaba dicindo "segues co Paul Newman"; tiña un aire de galán de cine.

3.9.10

IV edición do Manuel Rebón.

 

  

  


O pasado 28 foi a clausura desta edición coa entrega de premios (todas as premiadas foron mulleres).
Eu levei "O sombreiro"; a exposición estivo aberta dende o 12 ao 26 de agosto.

28.8.10

Vita ( Victoria Álvarez Prieto).


Retrato cos acrílicos da miña nai adolescente, feito nunha gama monócroma. Regalo de cumpreanos.


(O día que lle levei o cadro recoñeceuse!! Despois de 5 anos de Alzheimer non se recoñece no espello, nin me coñece a min, pero no álbum de fotos si se recoñece nas fotos de xuventude, coñece ás suas amiga e ,curiosamente nas fotos de despois de casada, xa non coñece a ninguén)



Medidas: 10F -55x46.
Ano: 2010.
Sinatura: JV. Vales.

24.8.10

Moza africana 2 (serie África ).


Retrato , cos acrílicos sobre lenzo, dunha fermosa xove engalanada con vistosos colares de abalorios.

Medidas: 46x33.
Ano: 2010.
Sinatura: JV. Vales.
.

21.8.10

Home e natureza.

 

  

  

 
Nas estepas da república de Altái, unha das zonas máis recónditas da Rusia profunda, aínda poden atoparse persoas vivindo coma hai centos de anos: en plena natureza, loitando pola supervivencia, ... son os altaicos ,mestura de mongol e ruso.


(Necesitaba descansar un pouco dos retratos).


Acrílicos sobre lienzo.
Medidas:55x38.
Ano: 2010.
Sinatura:JV. Vales.
.

13.8.10

Joan Manuel Serrat.

Os dous cadros do díptico.


Todo pasa y todo queda.

Serrat - díptico




Retrato, cos acrílicos sobre tela, do Serrat actual; semella un viño gran reserva.

Medidas: 41x27.
Ano:2010.
Sinatura: JV. Vales.
# joanmanuelserrat
.

30.7.10

África - retrato de Waris Dirie (serie Elas).



#warisdirie #pintura #arte #retrato #acrílico
Pequena homenaxe á muller africana; elas son o futuro do continente.
Waris, coa súa loita, é un exemplo. Retrato cos acrílicos sobre tela.


Medidas: 55x37.
Ano: 2010.
Sinatura:JV. Vales.
















.

23.7.10

Joan Manuel Serrat (díptico ).




Esta é a primeira parte do díptico .O retrato do Joan xove, feito cos acrílicos sobre tela..


Medidas:27x41.
Ano: 2010.
Sinatura:JV. Vales






















.

Tumbada.

















Unha muller deitada sobre un sillón sempre é un motivo interesante. Traballo cos acrílicos sobre cartón.

Medidas: 45x33.

Ano. 2010.

Sinatura: JV. Vales.
.

As tres gracias (serie escultura).












Un friso romano, cos acrílicos sobre tela, para a serie Escultura.
Medidas:73x50.
Ano: 2010.
Sinatura: JV. Vales.

1.7.10

James Ellroy.























Retrato, cos acrílicos sobre papel Annigoni, do novelista.
Medidas. 36x28.
Ano:2010.
Sinatura:JV. Vales.












.

7.6.10

Exposición en Alianza Aresana.



Outro ano máis o grupo da Tenencia xa temos a exposición montada.
Este é o precioso cartel que nos preparou Paula. Mil gracias!.























.

29.5.10