Seguidores

5.10.13

VII Manuel Rebón de pintura.

Este ano non puiden participar ( por ser premiada na pasada edición)e tocoume ser xurado xunto a Óscar Cabana e Chus Alonso. Foi a primeira vez e comprendín o difícil que resulta. Coa axuda dos outros compañeiros e do concelleiro Eugenio Fernández resultou máis doado. O primeiro premio foi para Gumersindo Vázquez e os dous accésit para Israel Jiménez e Lola Saavedra. O premio ao pintor local correspondeulle a Francisco Manzano. Noraboa a todos os premiados e finalistas. Na seguinte web hai máis información e imaxes da entrega de premios Pintoresgallegos