28.9.23

Máis de cen mil visitas

Este blog comeceino en marzo do 2009 coma unha das vías de escape na loita contra os baixóns que acompañan a vida de coidadora de gran dependiente. Nos 14 anos de coidadora a tempo parcial, xa que era mestra en activo, o pouco tempo adicado á pintura, ó debuxo, a levar o blogue, etc. eran actividades sanadoras. Agora hai tempo que o teño descoidado, pero aproveito este fito das visitas para valorar o moito que axudou. Acompaño a reflexión cunha pequena escolma de pinturas e debuxos dese periodo.