Seguidores

19.9.16

X Manuel Rebón



 Con esta obra, Na telleira, obtiven o premio Pintor local desta X edición do Manuel Rebón.
Non tiña moitas esperanzas, porque eran varias as obras merecedoras do premio, pero a Carapuchiña deume sorte.
O noso é un pequeno concello con moitos artistas!

 Na obra fixen unha homenaxe á infancia de moitos aresáns, na que a telleira era un lugar singular, que no maxín infantil, ben podía recibir a visita de Carapuchiña ou calquera outro personaxe da mitoloxía propia da nenez. Para enlazala coa actualidade, a Carapuchiña é unha nena con estética actual.

 O gañador desta edición foi Eduardo Baamonde, asiduo participante de certame, coa obra Faro Rolandelis, o primeiro accésit para Pío Costa Beiro, con Calle de Ferrol e o segundo accésit para outro asiduo do certame, Carballeira Rivas con Marea baixa.

A exposición estará no CIRS de Cervás ata o 1 de outubro, día da entrega de premios.

 Esta xa é a terceira vez que gaño o de Pintor Local, e xa fun 1º Accésit noutra edición, así que vou ter que plantexarme novos retos.