O gañador desta edición foi Nacho Costa Beiro coa obra "A ría".
Os dous accésits para Isabel Adonai Jiménez e Jesús Costa Beiro.
O premio Mellor Pintor Local correspondeu á obra " O caiuco" de Josefina Victoria Vales ( autora deste blog).
A exposición de todas as obras seleccionadas estará aberta, no CIRS de Cervás, ata o 27 deste mes de 11 a 14 e de 18 a 22. Merece a pena visitala!
O 27 será a clausura e a entrega de premios ás 20:00 no local social.
Noraboa a todos os premiados.
Neste enlace pódense ver distintos momentos da entrega de premios.
Sigo coas paisaxes rápidas, facendo man despois de tanto tempo.
Acrílico sobre lenzo.
46X33 cm.
JV. Vales
Participei no Bello Piñeiro do ano 2015 con esta obra. Exposición na Casa da Cultura de Mugardos.