18.10.23

No outono

"A doce melancónica beleza do outono... Semellaban lanzas os choplos na ribeira. Había algúas álbores coma de cobre." Ánxel Fole, Terra brava. Rotring e bolígrafo sobre páxinas dun vello libro.

28.9.23

Máis de cen mil visitas

Este blog comeceino en marzo do 2009 coma unha das vías de escape na loita contra os baixóns que acompañan a vida de coidadora de gran dependiente. Nos 14 anos de coidadora a tempo parcial, xa que era mestra en activo, o pouco tempo adicado á pintura, ó debuxo, a levar o blogue, etc. eran actividades sanadoras. Agora hai tempo que o teño descoidado, pero aproveito este fito das visitas para valorar o moito que axudou. Acompaño a reflexión cunha pequena escolma de pinturas e debuxos dese periodo.

11.1.23

Aperta na fraga

Dúas árbores que semellan darse unha aperta. Serie Cores de Inverno. Rotring sobre dobre páxina dun vello libro. Vales. 32X23. 80€