8.5.14

Caixa negra. I Certame Internacional Mail-Art . Ares



 Caixa negra.
Caixa de cartón e pintura acrílica.
 Hai un artista en ti- mail art. Este é o diploma que recibimos todxs xs participantes.

7.5.14

Lela.Homenaxe a Castelao.



Lela,unha das máis fermosas cancións de amor.
 Acrílico, rotulador,papel e cartón.
Hai un artista en ti-mail art.

9.4.14

Marea.


 "Marea"
Certame de arte- postal do CPI Conde de Fenosa de Ares;
Hai un artista en ti.
 Madeira sobre cartón.

5.10.13

VII Manuel Rebón de pintura.

Este ano non puiden participar ( por ser premiada na pasada edición)e tocoume ser xurado xunto a Óscar Cabana e Chus Alonso. Foi a primeira vez e comprendín o difícil que resulta. Coa axuda dos outros compañeiros e do concelleiro Eugenio Fernández resultou máis doado. O primeiro premio foi para Gumersindo Vázquez e os dous accésit para Israel Jiménez e Lola Saavedra. O premio ao pintor local correspondeulle a Francisco Manzano. Noraboa a todos os premiados e finalistas. Na seguinte web hai máis información e imaxes da entrega de premios Pintoresgallegos

1.4.13

Acrílicos sobre tea. Medidas: 24X18. Ano: 2013. Sinatura: Aldara Pérez Vales.

28.3.13

21.9.12

Mellor pintor local na VI edición do Manuel Rebón-

O gañador desta edición foi Óscar Cabana Picado e os accésits foron para Víctor García Novás e Eduardo Pérez Baamonde. O premio na categoría mellor pintor local foi para a autora deste blog, Josefina Victoria Vales, coa obra "Sorrí, por favor".



11.7.12

Natalie.


Retrato con acrílicos desta fermosa e elegante muller (belleza e elegancia atemporal).

Medidas: 38X46.
Ano: 2012.
Sinatura:JV. Vales.

10.7.12

Estudio de Tamara de Lempicka.


Encargo feito con acrílicos sobre lenzo.(Unha das miñas admiradas pintoras) .

Medidas: 8F
Ano: 2012.
Sinatura: JV: Vales.

7.5.12

Valentín Paz Andrade.

Retrato rápido de Paz Andrade con lapis Staedtler HB 2 en papel A4.
Boceto feito con rotulador en papel A4.

28.9.11

Finalista na V Edición do Manuel Rebón.

 

 

#warisdirie #pintura #arte #retrato  #acrílico
O vindeiro sábado clausúrase a exposición coa entrega de premios ás gañadoras: Sara Garrote, Sabela Roma e Beatriz Seijo.
O premio ao pintor local foi para Alberto Vázquez.
Quedei entre os finalistas con este retrato da activista Waris Dirie, obra do ano pasado (está a vida algo complicada e levo meses sen pintar).

 

18.6.11

Agora Gallery NYC.

Recibín onte un correo desta galería de arte de New York, ofrecéndome os seus servicios de promoción.
Eu debería mandarlles un portafolio para a súa avaliación, e de ser aceptado, por promoción e representación anual (exposición colectiva, listados de revistas de arte, anuncios promocionais, etc) debería pagar 2950$ (mínimo) máis unha comisión do 30% da venta durante o primeiro ano, a partir do segundo esto parece ser que sería menos.
De verdade funciona este mundillo así ???
Seguirei coma ata o de agora, pintando para min!!

18.5.11

Como me gustou, póñoo aquí!

Fíxome moita ilusión ver o retrato de Lois Pereiro, que fixen pensando na  miña escola , nun blog da escola de Artes e Oficios de Vigo.
É un detalle sen importancia, pero gustoume. Grazas!!

10.5.11

Caricatura de Lois Pereiro.

A caricatura  non é o meu, pero sempre fago un  intento cos autores do Día das Letras Galegas, para a escola.
Esta fíxena moi rápido con permanentes grosos.

8.5.11