O gañador desta edición foi Nacho Costa Beiro coa obra "A ría".
Os dous accésits para Isabel Adonai Jiménez e Jesús Costa Beiro.
O premio Mellor Pintor Local correspondeu á obra " O caiuco" de Josefina Victoria Vales ( autora deste blog).
A exposición de todas as obras seleccionadas estará aberta, no CIRS de Cervás, ata o 27 deste mes de 11 a 14 e de 18 a 22. Merece a pena visitala!
O 27 será a clausura e a entrega de premios ás 20:00 no local social.
Noraboa a todos os premiados.
Neste enlace pódense ver distintos momentos da entrega de premios.
Sigo coas paisaxes rápidas, facendo man despois de tanto tempo.
Acrílico sobre lenzo.
46X33 cm.
JV. Vales
Participei no Bello Piñeiro do ano 2015 con esta obra. Exposición na Casa da Cultura de Mugardos.
Este ano non puiden participar ( por ser premiada na pasada edición)e tocoume ser xurado xunto a Óscar Cabana e Chus Alonso.
Foi a primeira vez e comprendín o difícil que resulta. Coa axuda dos outros compañeiros e do concelleiro Eugenio Fernández resultou máis doado.
O primeiro premio foi para Gumersindo Vázquez e os dous accésit para Israel Jiménez e Lola Saavedra. O premio ao pintor local correspondeulle a Francisco Manzano. Noraboa a todos os premiados e finalistas. Na seguinte web hai máis información e imaxes da entrega de premios Pintoresgallegos