29.5.15

A voltas co retrato.

A voltas co retrato.
Arte postal- CPI Conde de Fenosa, Ares.

 Caderno desplegable de oito bocetos feitos con acuarelas, carboncillos, pasteis, cretas, etc (reutilizando tapas de bloc, páxinas de calendario, cartón de caixas,... como soporte).

3.5.15

Letras Galegas



 Co pretexto da celebración na escola, case sempre fago algúns retratos dos homenaxeados.
 Son traballos moi rápidos e con diversas técnicas: acrílicos, pasteis, ceras, lapis,...


 

Retrato de Filgueira Valverde

Retrato rápido do homenaxeado este ano o Día das Letras: Filgueira Valverde.

 Outra das miñas "criaturas" de papel e cartón; neste caso, acrílicos sobre cartón e papel.

 

13.9.14

VIII Manuel Rebón -Concello de Ares.

 

 

 O gañador desta edición foi Nacho Costa Beiro coa obra "A ría".
 Os dous accésits para Isabel Adonai Jiménez e Jesús Costa Beiro.
 O premio Mellor Pintor Local correspondeu á obra " O caiuco" de Josefina Victoria Vales ( autora deste blog).
 A exposición de todas as obras seleccionadas estará aberta, no CIRS de Cervás, ata o 27 deste mes de 11 a 14 e de 18 a 22. Merece a pena visitala!
O 27 será a clausura e a entrega de premios ás 20:00 no local social.
Noraboa a todos os premiados. Neste enlace pódense ver distintos momentos da entrega de premios. 
 

3.9.14

O caiuco.



O caiuco vermello, na ribeira, á luz da tardiña.
Acrílicos sobre lenzo.
 81X65 cm.
 JV. Vales.

15.7.14

Camiño do Segaño.





 Sigo coas paisaxes rápidas, facendo man despois de tanto tempo.
 Acrílico sobre lenzo.
46X33 cm.
 JV. Vales
Participei no Bello Piñeiro do ano 2015 con esta obra. Exposición na Casa da Cultura de Mugardos.

 

8.5.14

Caixa negra. I Certame Internacional Mail-Art . Ares



 Caixa negra.
Caixa de cartón e pintura acrílica.
 Hai un artista en ti- mail art. Este é o diploma que recibimos todxs xs participantes.