2.10.16

Premio mellor Pintor Local.

Estas son as obras coas que gañei o premio mellor Pintor Local na VI, VIII e X edición do Manuel Rebón
( anos 2012, 2014 e 2016).
Propiedade do Concello de Ares

.






1.10.16

Clausura do X Manuel Rebón



Esta tarde , coa entrega de premios, clausurouse a exposición do X Manuel Rebón.
Toca despedirse da " Carapuchiña" que pasa a formar parte da colección do Concello de Ares.
Parabéns para o resto de premiados!

 

19.9.16

X Manuel Rebón



 Con esta obra, Na telleira, obtiven o premio Pintor local desta X edición do Manuel Rebón.
Non tiña moitas esperanzas, porque eran varias as obras merecedoras do premio, pero a Carapuchiña deume sorte.
O noso é un pequeno concello con moitos artistas!

 Na obra fixen unha homenaxe á infancia de moitos aresáns, na que a telleira era un lugar singular, que no maxín infantil, ben podía recibir a visita de Carapuchiña ou calquera outro personaxe da mitoloxía propia da nenez. Para enlazala coa actualidade, a Carapuchiña é unha nena con estética actual.

 O gañador desta edición foi Eduardo Baamonde, asiduo participante de certame, coa obra Faro Rolandelis, o primeiro accésit para Pío Costa Beiro, con Calle de Ferrol e o segundo accésit para outro asiduo do certame, Carballeira Rivas con Marea baixa.

A exposición estará no CIRS de Cervás ata o 1 de outubro, día da entrega de premios.

 Esta xa é a terceira vez que gaño o de Pintor Local, e xa fun 1º Accésit noutra edición, así que vou ter que plantexarme novos retos.

26.7.16

Peras en Silleda.

Descanso no Camiño.
 Nexo entre series: árbores e froitas.
 Acrílicos sobre lenzo.
 12F( 61X50).
 JV. Vales
600€

.

11.7.16

Serie froitas.

Peras e xirasoles.
Acrílicos sobre lenzo.
 55X38.
 JV. Vales
.
 




Un guiño a Van Gogh cos xirasoles, as cores e a iluminación.Cambiando as patacas por peras.


3.7.16

Serie froitas.

Outro de pequeno formato da serie froitos.
 Acrílicos sobre lenzo.
 20X20
JV. Vales.
200€


 

   


2.7.16

Serie árbores.

Serie árbores.
 Acrílicos sobre lenzo.
 46X38
. JV. Vales.
400€
                                                        

10.6.16

Arte postal- CPI As Mirandas

Esta é a miña participación  no Certame  de Arte Postal do CPI As Mirandas de Ares.

 Este ano o lema é Arte SOS.

 

 Técnica mixta: collage e zentangle.
 Xogando co lema deste ano, plantexo a pregunta de se a tauromaquia é unha arte e coloco o SOS dos
antitaurinos representados por esas figuras do Guernica.


  Tres fotomontaxes con papel de catálogos e revistas.


                              


                                  E o retrato de Manuel María

                                      co lema    GALEGO SOS.