6.4.21

Nos Medios.

 Son varios os grupos de debuxo e pintura que sigo e nos que participo. En Arte del retrato, cada mes fan un concurso cun tema. No pasado mes de marzo o tema era escritores e como tiña varios retratos participei. Estou moi contenta e honrada con ese terceiro posto. Nivelazo.

 


 


O retrato de Virxinia Woolf, realizado a carboncillo foi galardonado con ese 3º posto. É do 2009 e regaleino, polo que xa non está comigo.



25.3.21

Audrey Hepburn

 

Moitas veces a inspiración chega cunha canción ou unha melodía. Neste caso Funny face con Audrey e Fred Astaire.


 Carboncillo sobre papel Canson 130g.

33X23.

Vales.

90€


9.3.21

Inverno III

 Eses carreiros que serpentean entre os campos e que sempre convidan a seguilos.
 Grafito e lapis de cores sobre papel de 130g. Serie Cores de Inverno.

42X30.

Vales.

90€