18.1.11
9.1.11
Colectiva en Estrela do Ponto.
Patricia e Antonio (donos do local e grandes afeccionados) decidiron facer esta exposición colectiva , agora en xaneiro , como resumo de todo un ano, propiciando a xuntanza de todos os autores que expuxemos no pasado ano:
J. M. Blanco y Couto
César Fuentes
Eduardo Hermida
Pablo López
Regino Molina
Víctor Novás
Photos Narón
M. Luisa Rojo
José M. Sánchez
J.V. Vales
Eu levei este cadro, recén rematado.
A inauguración foi o pasado día catro e permanecerá ata o día 27.
Foi unha velada moi agradable.
Expresar o noso agradecemento a esta xove parella!
J. M. Blanco y Couto
César Fuentes
Eduardo Hermida
Pablo López
Regino Molina
Víctor Novás
Photos Narón
M. Luisa Rojo
José M. Sánchez
J.V. Vales
Eu levei este cadro, recén rematado.
A inauguración foi o pasado día catro e permanecerá ata o día 27.
Foi unha velada moi agradable.
Expresar o noso agradecemento a esta xove parella!
4.1.11
Que miras?
31.12.10
Rosa.
10.12.10
Exposición no Club de Tenis de Redes.

O noso máis expresivo agradecemento á entidade pola súa xenerosidade e facilidades para montar a exposición.
18.11.10
29.9.10
Costas.
17.9.10
Vales.

Retrato de Pepe Vales mozo, o meu pai,feito cos acrílicos sobre táboa .
Medidas:10F (55x46)

Ano: 2010.
Sinatura: JV. Vales.
Xa non está e a miña nai é coma se non estivese; creo que os retratos lles gustarían. O meu pai non chegou a ver ningún dos meus cadros, pero gustáballe a pintura e debuxaba moi ben.
Mentras o pintaba, o meu home bromeaba dicindo "segues co Paul Newman"; tiña un aire de galán de cine.
3.9.10
IV edición do Manuel Rebón.
28.8.10
Vita ( Victoria Álvarez Prieto).

Retrato cos acrílicos da miña nai adolescente, feito nunha gama monócroma. Regalo de cumpreanos.

(O día que lle levei o cadro recoñeceuse!! Despois de 5 anos de Alzheimer non se recoñece no espello, nin me coñece a min, pero no álbum de fotos si se recoñece nas fotos de xuventude, coñece ás suas amiga e ,curiosamente nas fotos de despois de casada, xa non coñece a ninguén)
Medidas: 10F -55x46.
Ano: 2010.
Sinatura: JV. Vales.
24.8.10
Moza africana 2 (serie África ).
21.8.10
Home e natureza.

Nas estepas da república de Altái, unha das zonas máis recónditas da Rusia profunda, aínda poden atoparse persoas vivindo coma hai centos de anos: en plena natureza, loitando pola supervivencia, ... son os altaicos ,mestura de mongol e ruso.
(Necesitaba descansar un pouco dos retratos).
Acrílicos sobre lienzo.
Medidas:55x38.
Ano: 2010.
Sinatura:JV. Vales.
.
13.8.10
Serrat - díptico

Retrato, cos acrílicos sobre tela, do Serrat actual; semella un viño gran reserva.
Ano:2010.
Sinatura: JV. Vales.
# joanmanuelserrat
.
30.7.10
África - retrato de Waris Dirie (serie Elas).
23.7.10
Joan Manuel Serrat (díptico ).
Esta é a primeira parte do díptico .O retrato do Joan xove, feito cos acrílicos sobre tela..
Medidas:27x41.
Ano: 2010.
Sinatura:JV. Vales

.
Tumbada.
As tres gracias (serie escultura).
1.7.10
James Ellroy.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
























