18.6.20

Porta con roseira

 

 

Pousei a maleta e pareime a mirar a casa despois de tantos anos de ausencia. Alí estaba a vella porta coa roseira que plantara había tanto tempo. A roseira silvestre de marabilloso aroma que trouxera da miña terra.


 Acrílicos sobre táboa. Serie Portas e ventás.
 6F 41X33
 Vales.
300€

12.6.20

Negra é a cor do pelo

 

  

 

A fermosa canción de Nina Simone Black is the color of my true love´s hair estivo rondándome mentras pintaba o retrato desta fermosa rapaza.

 Acrílico sobre lenzo.
 50X40
 Vales
 4oo€

5.6.20

Cos ollos pechados

 

  

 

 Ás veces a realidade é tan insoportale que dá gañas de pechar os ollos e negarse a seguir vendo tanta crispación e a incapacidade de afrontar os cambios que son a unica salvación.

 Despois de moito tempo, retomando os pinceis.

 Acrílico sobre cartón duro.
Serie Elas.
 50X40
 Vales.
250€

17.3.20

Cañota centenaria

 

  

 

 A cañota centenaria,
 enrugada e oca,
 recia e enguedellada,
 é a sinxela metáfora que berra:
 Hai que resistir!

 # EuQuedoNaCasa
 Grafito e café sobre papel de 400g
 42X30
Vales
 60€

5.3.20

Refuxiada

 

 

Ás veces, unha mirada é un berro que non queremos oír.
 Retrato con carboncillo sobre papel.
 32X24.
 Vales.
 45€

3.3.20

Fóra alambradas

 

  

 

 En solidariedade cos refuxiados sirios.
 Rotring e acuarelas sobre papel de 400gr.
 42X30; enmarcado 50X40.
Vales.
 90€

14.1.20

Paisaxe con figura



 Carboncillo sobre cartolina.
 33X23.
 Vales.
 45€
As veces non sabemos a onde dirixir os nosos pasos. Ao frente o inexplorado, o descoñecido; atrás temos o que non desexamos repetir, pero hai tamén lazos que non nos deixan marchar. Indecisión!

Tronco de piñeiro

Carboncillos sobre cartolina.
 33X23.
 Vales.
 15€
 

9.1.20

Bonsai VII



 Outro xogo máis co rotring sobre cartolina.  Facendo man despois dunha tempada sin facer nada. 33X23.
 Vales.
 45€

Porta da cuadra.

 

 

 Para empezar o ano, un pouco de xogo co Rotring. Serie Portas e ventás.
 Rotring sobre cartolina.
 33X23.
Vales.
45€

21.11.19

17.11.19

Desnudo con zapatillas



Muller espida con zapatillas de ballet. Bosquexo con barra de carboncillos sobre papel 130g. Serie Elas.
 O desnudo é algo que teño pendiente traballar máis a fondo. Levo feitos poucos.
 33x23.
Vales
 50€

5.11.19

Paisaxe con carboncillos



 A carón da ponte da Ciscada en Ares. As árbores xa están espidas a estas alturas do outono. Carboncillo sobre papel de 130g.
 33X23.
 Vales.
 40€

30.9.19

Dúas peras



Pasteis sobre cartolina.
 Estas dúas saíron moi Cezannianas.
 Serie froitas.
 25X25.
 Vales.
 40€