8.7.21

Arte a rúa

O outro perfil de Giovanna. Estudio de Ghirlandagio. Óleo sobre táboa entelada. Ano 2002. 41X33. Vales

5.7.21

Dous premios

No concurso de xuño do grupo Arte del retrato y la figura, esta vez, un primeiro e un segundo premios. Moi contenta. Son dous retratos que me deixaron especialmente satisfeita ao rematalos.

2.7.21

Mozo

Ás veces, unha fotografía é a que me vale de inspiración. Neste caso o mozo de Paul Strand. Homenaxe a este grande da fotografía. Sobre unha lámina vella, con manchas de humidade, pasei unha base de acuarela e sobre ela cos grafitos e uns toques de pastel branco fixen esta interpretación do retrato de Strand. 51X32. Vales 150€

22.6.21

Por narices

Outro retrato da serie Por narices(encántanme as bellezas únicas). Grafito e pastel branco sobre cartón da tapa do bloc de debuxo. 32X25. Vales. 75€