17.4.09

A Tenencia








Onte pola tarde o grupo de pintura da Tenencia fomos a Santiago ao CGAC e á Fundación Granell. No primeiro fixemos unha visita guiada por dúas exposicións temporais: "Portas de luz" (arte galega dos 70) e outra de fotografía.
Na Granell vimos unha temporal do artista surrealista cubano Jorge Camacho titulada Doñana. Logo no primeiro andar vimos "Místicos encuentros y hallazgos plásticos en la obra de Eugenio Granell". Non coñecía practicamente nada deste pintor galego. O guía fíxonos unha viaxe moi completa pola súa obra con "esas interpretacións " da crítica para achegarte ao artista. (recordoume o conto infantil do traxe novo do emperador).

Como di o propio pintor Camacho:"todo el mundo habla del surrealismo, pero muy pocos lo comprenden". Eu quedei no Bosco e en Dalí.

No hay comentarios: