12.8.09

Accésit na III edición do Concurso de pintura " Manuel Rebón ".



Hoxe fallaron a 3ª edición do Manuel Rebón e o primeiro premio foi para o cadro "Cebolas " de M. C. Fernández . Gañei un accésit con " Mañanciña na montaña"  e o outro foi para Maceiras Crespo. O premio a mellor pintor local foi para Gerardo Vilar coa obra "Praia de Areamorta". Noraboa aos artistas , en especial a Gerardo, amigo e compañeiro do grupo de pintura da Tenencia.


Foi a primeira vez que participei nun certame de pintura e estou contenta co accesit. A ver se agora me atrevo a facer algunha exposición.

No hay comentarios: